REM


Sección: 
Curtas Sección Oficial
Día e hora: 
Xoves, 20 Setembro, 2012 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Director/a: 
Javier Ferreiro e María Sosa Betancor. Axudante de dirección: Pau Pericas.
Guión: 
A. Cuba, A. Dumon, J. Ferreiro e M. Sosa.
Montaxe: 
Conrado López
Música: 
Xavier Marín
Sonido: 
Gerard Masalias
Fotografía: 
Adriana Dumon e Fran Ríos.
Dirección de arte: 
Ana Cuba
Outros datos de interés:

Coach infantil: Laura Yuste.
Produción executiva: Pablo Quintana, Fran Ríos e Paco Poch Cinema.
Dir. de produción: Ana Cuba.
Produción en rodaxe: Helena Sastre e Abel Cuba.
Títulos de crédito e efectos visuais: Hamo Studio.
Cámara: Cristina Monge.
Eléctrico: Miquel Rubís.
Foto fixa: Salva López.
Catering: Maya Ríos.
Vestidos lago: Xènia Gasull.

Seleccionado para a Sección Oficial New Visions do Festival Internacional de Cine de Sitges.

Elixido polo Comité de Selección para entrar a concurso no III Festival Iberoamericano de Curtametraxes de ABC.

Seleccionado para entrar na Competición Obliqua da 14a edición do MECAL, o Festival Internacional de Curtametraxes de Barcelona.

Seleccionado para participar na sección a competición de Curtametraxes do Foro Canario do Festival de Cine de Las Palmas de Gran Canaria.

Seleccionado para o Short Film Corner do Festival de Cannes 2012.

Seleccionado para a Semana da Curtametraxe da Comunidade de Madrid.

Sinopsis:

Alicia e Eva son dúas irmás narcolépticas que reciben, en soños, as instrucións para alcanzar un obxectivo que tan só elas coñecen. A través de toda unha serie de sacrificios e á marxe da prohibición da súa irmá Ana, as dúas nenas conseguirán abandonar o espazo intermedio entre o mundo real e o mundo dos soños no que se atopaban atrapadas.

O director Javier Ferreiro (Lugo, 1989) é, por enriba de todo, un cinéfilo voracísimo. Introspectivo pero locuaz, crítico e abarcador, alleo ás modas, amigo das particularidades —máis ca das escolas—, este mozo é capaz de entusiasmarse por igual con Los cuatrocientos golpes (François Truffaut, 1959), con El espíritu de la colmena (Víctor Erice, 1973), con Todos nos llamamos Ali (Rainer Werner Fassbinder, 1974), con Europa (Lars von Trier, 1991) e con Mystic River (Clint Eastwood, 2003), por citar cinco filmes con poéticas ben distintas. A primeira incursión de Ferreiro no celuloide foi El padre (2010), unha curta rodada baixo a supervisión do último gañador da Cuncha de Ouro de San Sebastián, Isaki Lacuesta. No seu segundo traballo, REM (2011), o lucense comparte as tarefas de dirección con María Sosa. Esta envolvente curtametraxe —protagonizado polas novísimas promesas Marina Comas, Joana Vilapuig e Mireia Vilapuig - estreouse o pasado mes de outubro na XLIV edición do Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Sitges. Javier Ferreiro é alumno da actual promoción do Máster en Guión de Cine e Televisión da Universidade Carlos III de Madrid e en data próxima realizará un novo master na Escola Internacional de Cine e Televisión de San Antonio de los Baños en Cuba.