SINFONÍA DE JULIETTE Y PASCAL


Sección: 
ESPECIAIS: Xacobeo. Autismo. Homenaxe a Marta Rivera de la Cruz
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2011 - 19:30
Lugar: 
Caixa Galicia
País: 
España
Ano: 
2010
Duración: 
95 minutos
Género: 
Ficción experimental
Director/a: 
Bruno Vázquez
Guión: 
Pere Costa, Brisa Ronda y Bruno Vázquez
Montaxe: 
Bruno Vázquez
Música: 
Philipp Weigl
Fotografía: 
Maria Rumi y Ana del Hoyo
Reparto: 
Pere Costa
Reparto: 
Brisa Ronda
Reparto: 
Ana Patricia Jiménez
Reparto: 
Marc Barbena
Outros datos de interés:

CHICAGO LATINO FILM FESTIVAL (Estados Unidos).

FESTIVAL DE CINE DE TARAPACÁ (Chile).

Sinopsis:

Despois da morte de seus pais, Juliette faise cargo de seu irmán Pascal. Que é máis importante? A nosa vida ou a dos nosos seres queridos? Sinfonía de Juliette y Pascal non é só unha película sobre autismo, tamén trata sobre a aceptación, o sacrificio e o amor.

Bruno Vázquez (Sevilla, 1975). Na súa xuventude dedícase a realizar vídeos, música e curtametraxes co seu colectivo artístico “Fine thank you”. Anos máis tarde licénciase como arquitecto en Granada. Inquieto co seu traballo e apaixonado do mundo do cine, déixao todo e trasládase a Madrid para estudar cine en 2007. Durante o 2008 dedícase a rodar todo tipo de curtametraxes, documentais e videocreacións e escribe a súa primeira longametraxe La China. En 2009 comeza a rodar a que será a súa primeira longametraxe Sinfonía de Juliette y Pascal. Actualmente dedícase á preprodución da súa seguinte longametraxe, Haiku, e traballa como freelance en publicidade para diversas produtoras, compaxinando o seu traballo coas súas paixóns: o deseño gráfico, a experimentación musical e a videoarte.