SOMBRA


Sección: 
Sección Especial
Día e hora: 
Venres, 20 Setembro, 2013 - 20:00
Lugar: 
Fundación Novacaixagalicia
País: 
España
Ano: 
2010
Duración: 
31 minutos
Género: 
Documental
Director/a: 
Juan Caunedo Domínguez
Guión: 
Juan Caunedo, David Heredia e Javier Vélez
Montaxe: 
Juan Caunedo Domínguez
Fotografía: 
Pablo Belda
Productora: 
El Foro por la Memoria de la Comunidad de Madrid e Producciones Latigazo
Reparto: 
Eva Moreno
Reparto: 
Iván Valdelvira
Reparto: 
Fernando García
Reparto: 
Leonor Coronado
Reparto: 
Elisabeth de la Rosa
Reparto: 
Juan Caunedo
Reparto: 
Javier Vélez
Reparto: 
Ramón Briñas
Outros datos de interés:

Testemuños: Concha Carretero, Angustias Martínez, Trinidad Gallego, Vicenta Camacho, Julia Manzanal, Carmen Botran, Amelia Pérez, Raúl Martínez, Raquel Martínez, Víctor Luis e Amparo Orejas.

Voz de "Madame Cibeles": Raketa Brokobitx.

Historiadora: Amaya Caunedo.

Operadores de cámara: Pablo Belda e Iván González.

Banda sonora orixinal: Alberto MalaLengua.

Sinopsis:

Desde as primeiras imaxes obsérvase que Sombra, niebla y tiempo é un traballo concienzudo, tanto de documentación como de recuperación de memoria. O documental céntrase nos testemuños de mulleres encarceradas e torturadas durante o franquismo; de orfos de republicanos mortos na Guerra Civil ou represaliados durante a Ditadura aos que se enviou a estritos colexios para practicar con eles unha reeducación nos novos valores do réxime; e de familias que seguen buscando aos nenos aos que os franquismo cambiou de identidade para ser entregados a uns novos pais. Pero Sombra, niebla y tiempo non é só escoitar estes sobrecolledores testemuños, Juan Caunedo fai un esforzo extra por dotar á película dun compoñente artístico. Para iso acude a recreacións cun elenco de quince actores e actrices que engaden valor ás palabras e as declaracións dos maiores ao representar para o espectador de forma tanxible a realidade daquelas vivencias. Juan Caunedo Domínguez é o director desta película. Pola forma de tratar o documental, ben podería ser un home maior. Non obstante, é un mozo que naceu en 1982. Este asturiano licenciouse en comunicación audiovisual. Completou a súa formación con obradoiros de cine experimental en París e varios cursos na EICTV (Cuba). Traballou como editor e axudante de realización para TeleAsturias, Telemadrid, La Sexta, Antena3, TeleCinco, CubaVisión e TVE, así como para varias produtoras e outras institucións.