Formato: PAL (DVD).
Soporte de gravación: MiniDV HD.
Produción executiva: WN producciones.
Vestiario: Cristina Benito.
Galicia. Unha casa rural. Unha cunca.
Unha parella de mozos namorados, Irene e Javier, decide pasar unha fin de semana romántica nunha casa rural en plena Galicia afastados da cidade, onde cren que nada nin ninguén os molestará. Con eles coincide na casa Víctor, un explorador e amante da natureza que decide pasar uns días nesta casa rural tan ben rodeada de verde natureza, a súa maior devoción. Pero os efectos dunha cunca que se atopa na casa e da que beben Víctor e Javi, e da que son cómplices e afectados os vellos caseiros da casa, fai que se troquen e entrelacen os planes e destinos dos tres hóspedes de maneira misteriosa.
O papel de Víctor interprétao Manuel Jiménez Blasco, actor de 25 anos que se formou na escola Cristina Rota. Ten realizado diversas obras de teatro como La Katarsis del Tomatazo. Co director Michael Radford traballou na súa última película, La Mula, interpretando un gracioso republicano. Tamén tivo papeis protagonistas en curtametraxes como La espera ou Intercambio de Parejas. Ana é interpretada por Irene Escalada de Antonio, unha rapaza que se está formando no mundo da interpretación na escola William Layton. Ten a experiencia de ter participado en diferentes cursos intensivos con Mar Díez e Paco Vidal.
Héctor González Nieto interpreta a Javier. Aos seus 24 anos conta coa experiencia de ter traballado en Grease proxecto MoviStar e terse formado na escola de teatro Cristina Rota. Tamén conta con algunha curtametraxe como La Madre ou La canción de Daisen.
A curtametraxe foi rodada na súa totalidade na provincia de Lugo, concretamente en dúas aldeas que pertencen ao Concello de Sober, Anllo e Rosende. Ademais contaron coa inestimable colaboración da Casa Rural “Rectoral de Anllo”.