TORTILLA SOUP


Sección: 
E para comer... Lugo
Día e hora: 
Mércores, 19 Setembro, 2012 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
País: 
Estados Unidos
Ano: 
2002
Duración: 
103 minutos
Director/a: 
María Ripio
Guión: 
Ramón Menéndez
Montaxe: 
Andy Blumenthal
Música: 
Bill Conti
Fotografía: 
Xavier Pérez Grobet
Reparto: 
Héctor Elizondo
Reparto: 
Jacqueline Obradors
Reparto: 
Tamara Mello
Reparto: 
Elizabeth Peña
Reparto: 
Nikolai Kinski
Reparto: 
Raquel Welch Constance Marie
Reparto: 
Joel Joan
Sinopsis:

O patriarca da familia Naranjo é Martin (Héctor Helizondo), un xefe de cociña viúvo que vive coas súas tres fillas, Carmen, Maribel e Leticia. Cada unha é diferente e aproveita a tradicional cea do domingo (a cea é sagrada e é imperdoable faltar) para anunciar as súas decisións, algunhas delas grandes preocupacións para o seu pai. Leticia (Elizabeth Peña) é a máis pequena e ten o complexo de que ninguén a escoita nunca. Ademais está a punto de comezar a Universidade e vai propoñer unha nova vida ao coñecer ao seu noivo brasileiro. Maribel (Tamara Mello), profesora de instituto, dálle menos desgustos a Martin pero si ás súas irmás, que consideran que debe cambiar moitas cousas na súa vida, agora que consagrou ao Señor. Quizais coa filla con quen máis discute Martin é con Carmen (Jaqueline Obradors), unha executiva de éxito, a que máis se parece a el e que herdou o seu bo gusto para a cociña. A esta familia úneselle a exuberante Hortensia (Raquel Welch), empeñada en atrapar a Martin.