Película rodada no Pazo de Agüera (Grado) e en Oviedo.
Cámara: Teresa Marcos.
Edición: Teresa Marcos e José Valle.
Conformado HD: Valle producciones.
Deseño gráfico: Think diseño y comunicación.
Olga, unha muller de mediana idade, contrata os servizos de David, un mozo de aluguer. Para ambos é a primeira vez e ningún sabe moi ben que facer ou como comportarse. Pronto descubren que ambos comparten un pasado de maltrato. A forma en que David resolveu esa situación fai que Olga acabe véndoo como a solución a todos os seus problemas.
Nin Olga nin David son actores profesionais, non se coñecían con anterioridade e pedíuselles que improvisaran sobre unhas escuetas indicacións. As súas propias vidas son a materia prima coa que improvisaron os seus diálogos e construíron os seus personaxes.
Teresa Marcos Blanco é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, estudou Produción de Cine e TV na Universidad de Sussex (Reino Unido) e no Estudio Lighthouse Film and Video en Brighton (Reino Unido). Escribiu e dirixiu as curtametraxes Se paga al acto, Lencería de ocasión, Por estar contigo e Danny´s Blues (codirixido con Ángeles Muñiz). Os dous primeiros foron nominados nos Premios Goya na categoría de ´Mellor curtametraxe de ficción’ nos anos 1994 e 1999, respectivamente.
En 2011, xunto a Ángeles Muñiz, dirixiu Módulo 10, resultado do obradoiro que as directoras impartiron no módulo de mulleres do centro penitenciario de Villabona (Asturias), no que as reclusas escribiron, interpretaron e colaboraron en todo o proceso. A estrea no Teatro Filarmónica de Oviedo en xaneiro dese mesmo ano foi multitudinario.
Impartiu cursos en obradoiros audiovisuais e organizou actividades de divulgación cinematográfica, tales como unha retrospectiva de curtas asturianas para a Filmoteca de Asturias ou o Seminario Internacional ´Texto y autor en una literatura inadvertida: El Cine´, para a Universidade de Oviedo.
É socia fundadora da Asociación de Realizadores e Directores de Asturias (ARDA) e membro da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.