UN TOQUE DE CANELA


Sección: 
Ciclo E Para Comer... Lugo
Día e hora: 
Xoves, 18 Setembro, 2014 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Politiki kouzina (A Touch of Spice).
País: 
Grecia
Ano: 
2003
Duración: 
108 minutos
Director/a: 
Tassos Boulmetis
Guión: 
Tassos Boulmetis
Música: 
Evanthia Reboutsika
Fotografía: 
Takis Zervoulakos
Productora: 
Greek Film Center / Filmnet / Cinegram.
Reparto: 
Georges Corraface, Ieroklis Michailidis, Renia Louzidou, Stelios Mainas e Dina Michailidou.
Outros datos de interés:

Festival de Cine Nacional de Grecia (mellor fotografía, mellor dirección, mellor guión, mellor cinematografía, mellor edición, mellor son, mellor banda sonora e mellor dirección artística).

Premio outorgado polo público no Festival Internacional de Cine de Tesalónica.

Sinopsis:

Un toque de canela é unha historia sobre un mozo grego (Fanis) criado en Istambul, cuxo avó, un filósofo culinario e o seu mentor, lle ensina que tanto a comida como a vida necesitan un chisco de sal para darlles o toque de sabor que ambos requiren. Co paso do tempo Fanis convértese nun excelente cociñeiro e emprega as súas habilidades culinarias para darlle sabor ás vidas daqueles que o rodean. 35 anos máis tarde, abandona Atenas e volve á súa terra natal, Istambul, para reunirse co seu avó e o seu primeiro amor; unha viaxe de retorno só para darse conta de que esquecera darlle ese toque de sabor á súa propia vida … Como adoitaba dicir o seu tío … “hai dous tipos de viaxeiros na vida, aqueles que parten e aqueles que retornan, os primeiros miran o mapa, os segundos miran ao espello …” Agora é o momento de que o noso heroe bote unha mirada ao seu propio espello.