Premios:
Premio Mellor Curta – Mostra Curtas para Rosalía, Galicia – 2015.
Peza audiovisual en dúas partes ou capítulos (que aspira a rematar sendo unha triloxía) sobre a perda do propio en beneficio dos diferentes intereses do capital especulativo. Desafiuzamentos por expropiación ou por non poder pagar unha hipoteca. En ambos casos, as palabras de Rosalía de Castro do libro Follas Novas serven de guión para retratar un drama que existe hoxe en día.