Vals con Bashir


Sección: 
O Mellor do Ano
Día e hora: 
Mércores, 23 Setembro, 2009 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Vals im Bashir
País: 
Israel - Alemaña - Francia - USA
Ano: 
2008
Duración: 
90 minutos
Director/a: 
Ari Folman
Guión: 
Ari Folman
Montaxe: 
Feller Nili
Música: 
Max Richter
Reparto: 
Ron Ben-Yishai
Reparto: 
Ronny Dayag
Reparto: 
Ari Folman
Reparto: 
Dror Harazi
Reparto: 
Yehezkel Lazarov
Outros datos de interés:

Presentouse no Festival de Cine de Cannes.

Levou o Premio do Cine Europeo á mellor banda sonora.

Conseguiu o premio Gil Parrondo á mellor dirección artística (Yoni Goodman) e o Premio Especial do Xurado da Xuventude no Festival de Cine de Xixón.

Obtivo o Globo de Ouro á mellor película en lingua estranxeira.

 

Sinopsis:

Unha noite nun bar, un vello amigo dille ó director Ari que ten un pesadelo recorrente na que o perseguen 26 cans. Cada noite, o mesmo número de animais. Os dous homes chegan á conclusión de que ten que ver cunha misión que realizaron para o exército israelí durante a primeira guerra co Líbano a principios dos anos oitenta. Ari sorpréndese ó darse conta de que non recorda nada dese período da súa vida. Intrigado, decide ver e falar con vellos amigos e antigos compañeiros dispersados polo mundo enteiro. Necesita saber a verdade acerca dese período e de si mesmo. Ari escarva cada vez máis e os seus recordos empezan a reaparecer mediante imaxes surrealistas...

Dirixe Ari Folman (Haifa, Israel) tras Clara Hakedosha (1996) e Made in Israel (2001). A mediados dos anos oitenta, despois de facer a mili no exército israelí, fixo realidade un soño, dar a volta ó mundo. Ás dúas semanas de marchar e no segundo país, deuse conta de que non era o seu. Instalouse nunha pensión do sueste de Asia e empezou a escribir cartas ós seus amigos nas que se inventou unha volta ó mundo. A experiencia convenceuno para estudar cinematografía. A súa película de fin de curso, Comfortably numb (1991), na que conta de forma cómica e absurda a experiencia dos seus amigos e parentes durante os ataques dos mísiles iraquís na Guerra do Golfo, gañou o Premio ó Mellor Documental do Ano. Entre 1991 e 1996 realizou varios documentais para a televisión israelí, sobre todo nos territorios ocupados. A súa primeira incursión no mundo da animación xorde coa serie documental The Material That Love is Made of (2004). Nos tres primeiros minutos animados de cada capítulo, uns científicos expoñen as súas teorías acerca da evolución do amor.