Adaptación da novela homónima do escritor galego Wenceslao Fernández Flores. O señorito Sergio namórase de Federica, a criada da casa á que todos chaman "Volvoreta". Enterada da situación, a nai do señorito despide á criada, que non ten máis remedio que irse á capital. Pero o amor de Sergio é tan forte que a seguirá alí onde vaia.