THE WAY (EL CAMINO)


Sección: 
ESPECIAIS: Xacobeo. Autismo. Homenaxe a Marta Rivera de la Cruz
Día e hora: 
Mércores, 21 Setembro, 2011 - 19:30
Lugar: 
Caixa Galicia
Título Orixinal : 
The Way
País: 
EEUU
Ano: 
2010
Duración: 
120 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Emilio Estévez
Guión: 
Emilio Estévez
Montaxe: 
Raúl Dávalos
Música: 
Tyler Bates
Fotografía: 
Juan Miguel Azpiroz
Reparto: 
Martin Sheen
Reparto: 
Deborah Kara
Reparto: 
Yoricj Van Wageningen
Reparto: 
James Nesbitt
Reparto: 
Emilio Estévez
Sinopsis:

Tom Avery é un reputado oftalmólogo que vive en California. Un día recibe unha chamada desde Francia na que lle comunican que o seu fillo Daniel faleceu nun temporal nos Pirineos. A pesar de que a relación con el nunca fora moi boa por ter unha visión oposta da vida, Tom está desolado e viaxa a Francia para recuperar ao seu fillo. Alí descubre que Daniel comezaba a facer o Camiño de Santiago e decide facelo por el. A última oportunidade dun pai para coñecer ao seu fillo converterase na primeira oportunidade para empezar unha nova vida.

Dirixe Emilio Estévez, que dirixiu e coprotagonizou xunto co seu irmán Charlie Sheen, o telefilme de Showtime Rated X (2000). Ambos encarnaban aos irmáns Mitchell que se converteron en reis do negocio do porno so para destruírse a si mesmos no proceso. Emilio Estévez (Nova York, 1962) debutou como director cinematográfico con Wisdom, el delincuente (1986), que escribiu e protagonizou, á que seguiron Dos chalados y un fiambre (1990), Guerra en casa (1996) e Bobby (2006). Tamén dirixiu varios episodios de series da CBS como Cold Case (2003), CSI NY (2004) ou El guardián (The Guardian, 2001-2004). Estévez efectuou o seu debut cinematográfico como actor no filme Tex (1982), de Tim Hunter, e tamén apareceu en Rebeldes (1983) ou Repo Man-El recuperador (1984), o seu primeiro papel como protagonista. Máis recentemente actuou en Un dólar por los muertos. Está protagonizada por Martin Sheen (Love happens, Imagine, Ciudad del silencio, Bobby, Infiltrados, Atrápame si puedes, Laberinto envenenado, Apocalypse now, Código de silencio, Shadrach ou Asalta como puedas), na sétima ocasión que traballa co seu fillo; Deborah Kara Unger (Silent Hill, (Una canción del pasado), White noise (Más allá), Refugio en el paraíso, Sunshine e Huracan Carter), Yorick Van Wageningen (Amar peligrosamente) e James Nesbitt (Cinco minutos de gloria).