Presentouse no Festival de Cine de Xixón 2006 dentro da sección Infantes Terribles.
Winky Wong, unha nena de seis anos, e a súa nai reúnense co pai da nena nun pequeno pobo da costa de Holanda. O pai é dono dun restaurante chinés nese lugar. Ao principio, a Winky faráselle difícil aprender un novo idioma e facer amigos, pero todo cambiará o día que coñeza a un poni. A partir de entón visitará ao animal todos os días aínda que os seus pais non aproban o novo hobby da súa filla. Cando o poni enferma e morre, Winky decide que quere un cabalo, pero sabe que os seus pais nunca lle comprarán un. Así, Winky coñece a historia de San Nicolás, o Santa Claus de Holanda, ese avó de barba amarela que monta a cabalo e reparte regalos a todos os nenos bos. Por suposto que Winky sabe o que quere del: un cabalo! Debe ser boa, pois só así conseguirá o seu cabalo.
Dirixe Mischa Kamp (1970) e é a súa primeira longametraxe tras dirixir varias curtametraxes e series de televisión.