Yo, también


Sección: 
A Muller Protagonista
Día e hora: 
Venres, 1 Outubro, 2010 - 20:30
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castellano
Título Orixinal : 
Yo, también
País: 
España
Ano: 
2009
Duración: 
103 minutos
Director/a: 
Álvaro Pastor, Antonio Naharro
Guión: 
Álvaro Pastor, Antonio Naharro
Montaxe: 
Nino Martinez Sosa
Música: 
Guille Milkyway
Fotografía: 
Alfonso Postigo
Reparto: 
Lola Dueñas
Reparto: 
Pablo Pineda
Reparto: 
Antonio Naharro
Reparto: 
Isabel García Lorca
Reparto: 
Pedro Álvarez Ossorio
Reparto: 
Consuelo Trujillo
Reparto: 
Daniel Parejo
Reparto: 
Lourdes Naharro
Outros datos de interés:

Conseguiu a Concha de Prata á mellor actriz (Lola Dueñas) e actor (Pablo Pineda) no Festival de Cine de San Sebastián.

Conseguiu dous Premios Goya, os correspondentes a mellor actriz (Lola Dueñas) e canción orixinal (Yo también, de Guille Milkyway).

Presentouse no Festival de Cine de Sundance.

 

Sinopsis:

Daniel, un mozo sevillano de 34 anos, é o primeiro europeo con síndrome de Down que obtivo un título universitario. Comeza a súa vida laboral na administración pública, onde coñece a Laura, unha compañeira de traballo. Ambos inician unha relación de amizade que pronto chama a atención do seu entorno laboral e familiar. Esta relación convértese nun problema para Laura cando Daniel se namora dela. Pero esta muller solitaria que rexeita as normas atopará nel a amizade e amor que nunca recibiu ao longo da súa vida.

É a primeira longametraxe dirixida por Álvaro Pastor e Antonio Naharro. Álvaro Pastor (Madrid, 1972) formouse como guionista e director con Miguel Picazo e en interpretación con Juan Carlos Corazza e Catalina Lladó. Posúe, ademais, estudos de música no Conservatorio de Madrid. Traballou en cine, televisión e publicidade como guionista e/ou realizador e desenvolveu case toda a súa actividade artística dentro da curtametraxe. Dirixiu e produciu cinco, entre as que destaca o seu último traballo, Invulnerable, con máis de 40 premios internacionais. Traballa como guionista xunto a Antonio Naharro desde hai 14 anos. Escribiron xuntos cinco curtametraxes e compartiron a dirección en Uno más, uno menos, pola que foron nominados aos premios Goya 2002.

Antonio Naharro (Albacete, 1968) formouse no Estudio de Juan Carlos Corazza (Madrid) e outros como Bernard Hiller (Los Ángeles e Roma) William Layton, John Strasberg, etc. Está diplomado pola escola madrileña de terapia gestalt. Traballa en cine, teatro e televisión. Adquiriu case toda a súa experiencia como profesional a través da curtametraxe; empezou como actor e guionista ata chegar á produción e dirección xunto a Álvaro Pastor coa curtametraxe. Uno más, uno menos, ganador de numerosos premios internacionais e nominado ao Goya 2002 á mellor curtametraxe de ficción. En 2004 protagoniza e coproduce a curtametraxe Invulnerable, dirixida por Álvaro Pastor, e obtén varios premios de interpretación en festivais de todo o mundo (Alcalá de Henares, Brest, Bruxelas, etc).

Intervén na película a compañía de danza Danza Móbile de Sevilla, formada por bailaríns con discapacidade intelectual que son parte esencial no desenvolvemento do filme. A Compañía Danza Mobile é unha compañía de danza sevillana que ven funcionando desde 1996, coa particularidade de incorporar nas súas producións a bailaríns con discapacidade intelectual, que se forman no Centro de Artes Escénicas “Danza Mobile”.