2330, UNA HISTORIA CAUTIVA


Sección: 
Ciclo "Colleita Dourada"
Día e hora: 
Xoves, 24 Setembro, 2015 - 20:00
Lugar: 
MHL Museo Interactivo da Historia de Lugo
País: 
España
Ano: 
2015
Duración: 
29 minutos
Director/a: 
David Marrades
Guión: 
David Marrades
Montaxe: 
David Marrades
Música: 
Jaime de Paloma
Fotografía: 
David Marrades
Reparto: 
Mourtada Seck, Peggy Abiemwense, Samuel (nome ficticio), Andrés Perelló, Roberto Villena, Patricia Orejudo, Ana Fornés, Victoria Anderica, José Luis Rodríguez, Andrés García, Ana Taboada, Francisco Soláns, Mari Carmen Fernández e Ramiro de Dios.
Sinopsis:

Cando Mourtada Seck foi encerrado no CIE de Aluche, perdeu, entre outros moitos, o seu dereito á propia identidade. Pasou a ser un número, igual que o resto dos alí internos. Samuel, que emigrou a España coa axuda económica da súa familia en busca dunha vida mellor, foi tamén detido e internado en dous destes centros á espera de ser deportado. Peggy, cuxo marido foi expulsado oito días antes do nacemento da súa filla e máis tarde golpeado e maltratado polos axentes que o acompañaban no voo de volta ao seu país, viu o seu proxecto de vida truncado desde o momento en que o seu marido foi arrestado. As súas historias tecen o fío narrativo dun documental que dá a coñecer algunhas das cuestión máis relevantes e polémicas en torno á loita contra a inmigración irregular que ten, nos Centros de Internamento de Estranxeiros, unha das súas principais ferramentas.