Así es la vida


Sección: 
Enrique Muiño
Día e hora: 
Luns, 27 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
Título Orixinal : 
Así es la vida
País: 
Arxentina
Ano: 
1939
Duración: 
107 minutos
Director/a: 
Francisco Múgica
Guión: 
Francisco Oyarzabal
Música: 
Enrique Delfino
Fotografía: 
José María Beltrán
Reparto: 
Enrique Muiño
Reparto: 
Elías Alippi
Reparto: 
Felisa Mary
Reparto: 
Alberto Bello
Reparto: 
Enrique Serrano
Reparto: 
Alberto garcía Buhr
Reparto: 
Sabina Olmos
Reparto: 
Nini Gambier
Reparto: 
Alimedes Nelson
Reparto: 
Héctor Coire
Reparto: 
Alfredo Jordan
Reparto: 
Pablo Vicuña
Outros datos de interés:

V.O. con subtítulos en galego.

Sinopsis:

Cantas veces ata as nosas bocas chega esta frase. Parece que ante calquera situación na que a solución é un pouco enredada ou non nos agrada o desenlace, adoitamos concluír con que: así é a vida.

Este é outro caso. No ano 1937 a compañía de teatro Muíño-Alippi presenta durante todo un ano, con tremendo éxito, a obra de Malfatti e De las Llanderas. E a oferta de levala á pantalla grande non tarda en chegar. Esta obra baséase nalgúns aspectos cotiáns da vida contemporánea daquela época na Arxentina. Resulta que miles de inmigrantes encontraran un bo futuro na Arxentina: posibilidades de negocios, de adquirir parte dun solo ben dotado de riquezas naturais e a posibilidade de facer medrar aos fillos cun futuro de bos prognósticos.

A historia céntrase nun matrimonio crioulo que, con esforzo, se abre camiño a un bo porvir. Pouco a pouco, van vendo medrar aos pequenos fillos. Ao mesmo tempo, coñécese a historia de dous amigos da familia, un italiano e un galego que encontraron na Arxentina a posibilidade de darlle aos seus unha mellor vida. Isto reflíctese en que teñen a posibilidade de ter o seu propio negocio, o que lles permite nalgúns anos comprar unhas terras no interior do país.

A familia crioula ve medrar aos seus fillos, que coa axuda dos pais van abrindo o seu propio camiño. Paralelamente a isto, algúns integrantes da familia, como algúns amigos, vincúlanse coa política. A corrente coa que simpatizan é a nova tendencia emerxente, o socialismo, que, descoñecéndoa un pouco, ao inicio se presenta como algo perigoso e pouco a pouco vai ganando adeptos.

Todos estes fenómenos representados en escena son fiel inspiración e emulación da realidade da década dos 30 en Arxentina. Vale rescatar a escena onde Muíño fala co seu futuro xenro sobre as súas tendencias socialistas. Unha escena moi rica.

O conflito da historia preséntase cando os fillos da familia crioula, pouco a pouco comezan a deixar a casa paterna e esta vai quedando practicamente baleira, só habitada polo matrimonio que se entristece coa soidade. Pasados os anos, o marido enviúva e vive algúns anos de soidade e tristeza, ata que a alegría dos netos volve a encher con luz a vella casa. Será porque así é a vida.