Fillo de taxidermista, Casto é un home sinistro que vive illado do mundo na conserxería dunha vella fábrica abandonada. É verán e un grupo de adolescentes do pobo instálase diante da súa guarida para rirse del. Hoxe as mozas acoden á cita habitual cos seus amigos, dando pé a un inoportuno cruce de camiños.