Zoe é unha nena pequena que cre en contos de fadas. Para axudar ao seu tío, Lord Arnold, a desfacerse dun terrible dragón, a pequena decide que ten que buscar algúns heroes como os que aparecen nos libros que le. En cambio, coñece a Gwizdo e a Lian-Chu, dous cazadores de dragóns que non teñen máis ambición na vida que comprar unha pequena granxa e retirarse. A pequena cre que aqueles son os heroes cos que soña, e o astuto Gwizdo, esporeado polo ouro de Lord Arnold, non pensa, por suposto, dicirlle a verdade. Zoe está disposta a vivir a aventura dos seus heroes. A partir deste punto, non hai volta atrás. E, para desesperación de Gwizdo, o grupo inicia unha procelosa viaxe ao fin do mundo, onde, aínda durmido –aínda que non por moito tempo- encontra o máis espantoso dragón que endexamais pisara a terra: o malvado Zampamundos. Para Zoe, é un soño que se fai realidade. Para Gwizdo, trátase dun pesadelo que só pode rematar nun desastre. Pero, nin a pequena nin Gwizdo teñen a menor idea de que Lian-Chu e o zampamundos xa se coñecen desde hai tempo. E teñen contas pendentes de saldar.
Dirixen Guillaume Ivernel e Arthur Qwak. François Hemmen, tamén coñecido como Arthur Qwak, é un brillante director e debuxante, así como o principal guionista da longametraxe animada titulada Asterix y el Menhir. Dirixiu varias series de producións en animación para Canal +, TF1 e M6, e describiu igualmente algunhas novelas gráficas. Guillaume Ivernel é un coñecido artista gráfico e deseñador que participou no proxecto Starwatcher, de Moeblus, e colaborou en espazos publicitarios producidos por Jean Pierre Jeunet. Traballou igualmente en series de debuxos animados producidas para a televisión e en programas piloto para producións xaponesas e estadounidenses.