Cotolay


Sección: 
Cine Xacobeo
Día e hora: 
Xoves, 30 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Cotolay
País: 
España
Ano: 
1966
Duración: 
106 minutos
Director/a: 
José Antonio Nieves Conde
Guión: 
Luis Antonio Ruiz, Luis Ligero, José Antonio Nieves Conde
Montaxe: 
José Luis Matesanz
Música: 
Ángel Arteaga
Fotografía: 
Mario Pacheco
Reparto: 
Vicente Parra
Reparto: 
Didier Haudepin
Reparto: 
José Bódalo
Reparto: 
Conrado San Martín
Reparto: 
José Bastida
Reparto: 
Roberto Rey
Reparto: 
Ramón Centenero
Reparto: 
Santiago Ontañón
Reparto: 
Miguel Palenzuela
Reparto: 
Francisco Camoiras
Reparto: 
Alberto Fernández
Reparto: 
Xan das Bolas
Reparto: 
José Morales
Reparto: 
Enrique Navarro
Reparto: 
Cris Huerta
Reparto: 
Anastasio Campoy
Reparto: 
Santiago Pardo
Reparto: 
Francisco R. Alacid
Reparto: 
Luis Barboo
Reparto: 
Manuel G. Urtiaga
Reparto: 
Gonzalo Braña
Sinopsis:

Nos albores do século XIII, o mundo peregrina en dirección a Santiago, como centro da fe universal. Os seus camiños están poboados de personaxes ofrecidos ao Apóstolo. Príncipes dos máis arredados países, nobres que piden axuda na súa loita contra os infieis, sinxelos labregos, artesáns, e frades de vagar no camiñar, enfraquecidos de cara e de corpo, coa pegada da vixilia e o xaxún nos rostros. Van gañar o xubileu. Estes homes levan un obxectivo común: orar diante da tumba do Fillo do Trono. Tres dos frades oran diante do Santo Apóstolo, axeonllados, pero coa luz da ansiedade nos seus ollos afundidos. O camiño non foi doado. Ante a tumba de Santiago, reciben a primeira revelación Divina.

A Orde Franciscana é pequena e moi pobre, tanto que nin ten onde albergar os seus frades. Para o labor de cristianizar o mundo, só conta co amor ó próximo, a caridade e a pobreza propia. Pero isto non impide que funden o seu primeiro convento en terras galegas, preto da protección do Apóstolo e da súa luz.

Francisco de Asís –santo de tenruras infinitas–, Juan de Florencia e Bernardo de Quintanar acometen a empresa. Móveos a devoción ao Santo Apóstolo e a fe en Deus e poñen en marcha os escasos medios dos que dispoñen para tan xigantesca empresa: os tres e o neno Cotolay, amigo dos leñadores da comarca, áxil, intelixente, case un trasno, pero cun enorme corazón. Facer o ben é a súa teima. Cotolay colabora na construción do convento dos frades e, especialmente, co seu amigo Francisco que, para espertar máis admiración no rapaz e nos seus seguidores, logrou que o lobo Dimo, o gran terror da comarca, se converta no máis fiel amigo dos leñadores.