Dani García, un dos mellores cociñeiros de España, atópase nunha encrucillada na súa carreira. En xaneiro de 2014 queda sen restaurante. É un cociñeiro sen cociña. Están en xogo as estrelas e o seu prestixio. Deconstruyendo a Dani García é un longo documental no que vemos o proceso de reinvención, coas súas dificultades persoais e empresariais, dun cociñeiro con dúas estrelas Michelin. Tras pasar máis dun ano rodando o seu día a día, asistimos ao proceso de creación dun restaurante e un menú de alta cociña nun tempo record.