EL FESTÍN DE BABETTE


Sección: 
Y, PARA COMER LUGO... Cine e Gastronomía
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2011 - 20:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Título Orixinal : 
Babettes gaestebud
País: 
Dinamarca
Ano: 
1987
Duración: 
102 minutos
Género: 
Drama/Comedia
Director/a: 
Gabriel Axe
Guión: 
Gabriel Axe (cuento de Isak Dinesen)
Música: 
Per Norgard
Fotografía: 
Henning Kristiansen
Reparto: 
Stéphane Audran
Reparto: 
Jean-Philipe Lafont
Reparto: 
Gudmar Wivesson
Reparto: 
Jarl Kulle
Reparto: 
Bibi Andersson
Reparto: 
Bodil Kjer
Reparto: 
Brigitte Federspiel
Outros datos de interés:

Óscar de 1988 á mellor película estranxeira, premio especial do xurado no festival de Cannes de 1987 e mellor película estranxeira nos BAFTA de 1989.

Sinopsis:

En 1871, durante unha noite de tormenta, Babette chega a un pobo de Dinamarca, unha aldea na desolada costa oeste de Jutlandia, fuxindo de Francia durante a represión da Comuna de París. É empregada como criada e cociñeira na casa de dúas solteironas, fillas dun estrito pastor. Alí vive durante catorce anos, ata que un día descobre que por fortuna ganou a lotería e, en lugar de regresar a Francia, pide permiso para preparar unha cea de celebración do centenario do pastor. En principio, os hóspedes teñen medo por temor a danar á lei divina ao aceptar unha cea francesa, pero os pratos son a delicia dos asistentes.

Dirixe Gabriel Axel exitoso actor, director, escritor e produtor de películas. Naceu na cidade de Aarhus o 18 de abril de 1918 e traballou no cine danés desde 1951 ata hoxe. É recoñecido internacionalmente pola súa película Babette’s Feast (1987) que foi dirixida e escrita por el. Pasou a maior parte da súa infancia en Francia, pero logo regresou a Dinamarca para adestrarse como actor no Teatro Real Danés. En París tamén aproveitou para traballar xunto con Louis Jouvet. De regreso ao seu país natal, dedicou as súas forzas a traballar na dirección para cine, televisión e teatro. Con 16 longametraxes no seu currículo, regresa unha vez máis a Francia para traballar en programas de televisión que lle serviron para obter recoñecemento no ambiente europeo. En 1988 gaña o Óscar pola súa adaptación da novela de Isak Dinesen, Babette’s Feast, e logo seguiría traballando en distintos proxectos. Algunhas das súas películas e traballos máis memorables inclúen: Familien Gyldenkal, Den rode kappe e Det kaere legetoj. Nos seus primeiros traballos podía observarse a importancia da temática sexual. En 2003 foi honrado cun premio á traxectoria de toda a súa carreira durante o Festival de Cine Internacional de Copenhague.