El viejo Hucha


Sección: 
Enrique Muiño
Día e hora: 
Martes, 28 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Deputación Provincial
Título Orixinal : 
El viejo Hucha
País: 
Arxentina
Ano: 
1942
Duración: 
90 minutos
Director/a: 
Lucas Demare
Guión: 
Ulyses Petit de Murat y Homero Manzi basado en la obra de Camilo Darthés y Carlos S. Damel
Montaxe: 
Carlos Rinaldi
Música: 
Lucio Demare
Fotografía: 
Bob Roberts
Reparto: 
Enrique Muíño
Reparto: 
Francisco Petrone
Reparto: 
Nury Montsé
Reparto: 
Ilde Pirovano
Reparto: 
Roberto Airaldi
Reparto: 
Osvaldo Miranda
Reparto: 
Haydeé Larroca
Reparto: 
Roberto Salinas
Reparto: 
Gogó Andreu
Reparto: 
Judith Sulián
Reparto: 
Alberto de Mendoza
Outros datos de interés:

V.O. con subtítulos en galego

Sinopsis:

Esta película foi a primeira da compañía cinematográfica Artistas Argentinos Asociados. Realizárona, para demorar a rodaxe de La Guerra Gaucha xa que un dos protagonistas desta última e fundadores da compañía cinematográfica estaba enfermo de gravidade.

Este é outro filme que volve tratar con frescura a vida cotiá dos inmigrantes e crioulos de comezo da década dos corenta na Arxentina.

Muíño interpreta ao protagonista, un pai de familia de clase media, fillo de inmigrantes, que cunha constante loita e esforzo laboral, logrou comprar unha vivenda e púidolle dar aos seus fillos unha educación acorde aos modelos da época. Este pai, un pouco fusco e bastante porfiado, pretende que os seus fillos sexan persoas prudentes e aforradoras co diñeiro, xa que el, como fillo de inmigrantes, sufriu e tivo que sobrelevar moitas fallas e perdas por falta de cartos.

É moi común que os fillos vexan os defectos dos pais e pretendan non herdalos. Este caso non é alleo e estes fillos ven no seu pai a un vello amargado que non quere gastar un peso en gozar da vida.

O conflito comeza cando intentan rebelarse. O vello alega que se non traballan e non aforran, pasaralles igual que a seus pais, que viron dispersarse a toda a familia a causa da situación económica e que el non está disposto a perdelos na miseria. Pero comportándose desta maneira mesquiña, perdería o afecto dos seus fillos, por máis que os mantivera preto. Os fundamentos do vello son lóxicos, pero está moi suxeito a súa subxectividade e non pode ver que os fillos tamén teñen razón. Eterna loita entre proxenitores e descendencia. Estes cambios xeracionais son moi difíciles de limar. Ao final o vello afrouxa, aínda que os fillos garden certo resentimento.

Conmoveume a escena onde o vello lle explica a un alleo á familia as causas do seu comportamento e do seu parecer. Utiliza unha similitude fronte a un galiñeiro, moi exemplar e ben utilizado. Tamén rescato a escena onde este vello lle dá indicacións ao seu fillo de como ten que camiñar para aforrar o calzado, moi graciosa.

Esta película serviu para aceitar as engrenaxes da compañía e demostrar todo o talento e enerxía que posuían e para anunciar que o que viría sería moi bo.