Presentouse no Festival de Cine de Roma e no Sevilla Festival de Cine Europeo.
Conseguiu o Premio Goya ao mellor documental.
Premio no Festival de Cine Documental de Ámsterdam.
A Academia do Cinema Catalán recoñeceuno con dous premios “Gaudí”: mellor guión e mellor documental. O guión da película foi realizado pola lucense María Hervera xunto a Elsaki Lacuesta.
Unha espía con moito Garbo: reportaxe de EL PAÍS SEMANAL do 13 de decembro de 2009.
Madrid, 1940. Juan Pujol, autodidacta, xerente dunha granxa de polos e conserxe de hotel, empeza a planear a súa contribución ao “benestar da humanidade”. Decide ofrecerse aos británicos para “botarlles unha man”, pero o seu inxenuo plan fracasa. Lonxe de desanimarse e abandonar, consegue convencer aos nazis de que pode espiar para eles. Sorprendentemente, o Abwehr confía nel e contrátao. Nome clave: Arabel. Despois dunha serie de aventuras, Pujol é localizado pola Intelixencia Británica, que o converte en axente dobre. Nome en clave: Garbo. Desde Londres, fai crer ao Tercer Reich que Normandía non é máis ca unha estratexia de engano, xa que o verdadeiro desembarco terá lugar no Paso de Calais. Trinta anos máis tarde, un escritor inglés de novelas de espías, Nigel West, empeza a dubidar da súa morte, ponse a buscalo e localízao en Venezuela, onde iniciou unha nova vida, volveuse casar e traballa como profesor de inglés para a Shell. Ninguén no seu contorno sabía da súa participación na guerra. É a historia do “mellor actor do mundo”. Dirixe Edmon Roch (Girona, 1970). Este novo cineasta catalán xa destacara antes como guionista, con Rosa Vergés (Tic Tac, 1997) e Gustavo Ron (Mía Sarah, 2006), e como produtor executivo, asociado ao director de produción en filmes de Whit Stillman (Barcelona, 1994; The Last Days of Disco, 1998), Fernando Colomo (El efecto mariposa, 1995) ou JeanJacques Annaud (Siete años en el Tibet, 1997), sen esquecer a súa colaboración con Peter Greenaway (Las maletas de Tulse Luper, 2002-2004) e Tom Tykwer (El perfume, 2006). Estamos, por tanto, ante un profesional de categoría, que acaba de producir e escribir outros dous filmes importantes: Bruc, sobre la Guerra la Independencia e Lope, acerca de las desventuras del “Fénix de los Ingenios”.