INCENDIES


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2011 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Título Orixinal : 
Incendies
País: 
Canadá-Francia
Ano: 
2010
Duración: 
130 minutos
Género: 
Drama
Director/a: 
Denis Villeneuve
Guión: 
Valérie Beaugrand- Champagne
Montaxe: 
Monique Dartonne
Música: 
Gregorio Hetzel
Fotografía: 
André Turpin
Reparto: 
Lubna Azabal (Nawal Marwan)
Reparto: 
Mélissa Désormeaux-Poulin (Jeanne Marwan)
Reparto: 
Maxim Gaudette (Simon Marwan)
Reparto: 
Rémy Girard (Notario Jean Lebel)
Reparto: 
Abdelghafour Elaaziz (Abou Tarek)
Outros datos de interés:

Presentouse na Semana Internacional de Cine de Valladolid, onde conseguiu o premio “Miguel Delibes” ao mellor guión e o premio do público.

Sinopsis:

Cando o notario Lebel fai aos xemelgos Jeanne e Simon Marwan a lectura do testamento de súa nai Nawal, quedan atónitos ao ver que lles fai entrega de dous sobres, un destinado a un pai que eles crían morto e o outro a un irmán cuxa existencia ignoraban. Jeanne ve neste enigmático legado a clave do silencio de Nawal, encerrada nun mutismo inexplicable nas últimas semanas antes da súa morte e decide viaxar de inmediato ao Próximo Oriente para exhumar o pasado dunha familia da que non sabe practicamente nada. A Simon non lle importan os caprichos póstumos dunha nai que sempre se mostrou distante e pouco afectuosa con eles, pero o cariño que sente por súa irmá impulsarao a reunirse con Jeanne e recorrer con ela o país dos seus antepasados seguindo a pista dunha Nawal moi distinta da nai que coñeceron. Apoiados polo notario Lebel, os xemelgos remontaranse ao comezo da historia da muller que lles deu a vida e descobren un destino tráxico marcado a lume pola guerra e o odio..., e o valor dunha muller moi especial.

Dirixe Denis Villeneuve (Trois-Rivières, Québec, Canadá, 1967) cuxa primeira longametraxe, Un 32 août sur Terre (1998), se presentou en máis de trinta festivais internacionais en 1998 e participou nas seccións oficiais de festivais como o de Cannes (Sección Unha Certa Mirada) e Toronto, ademais de representar a Canadá nos Óscar. A súa segunda película, Maelström (2000), foi seleccionada por uns corenta festivais (entre eles Sundance e Toronto) e fíxose con máis de vinte e cinco premios, como o da Crítica Internacional (FIPRESCI) no Festival de Berlín. En 2008, a súa curtametraxe Next Floor recibiu o premio Canal+ á Mellor Curtametraxe na Semana da Crítica de Cannes e foi presentada en máis de sesenta festivais internacionais nos que colectou unha ducia de premios. En 2009, a súa terceira longametraxe, Polytechnique (2009), despois da súa preestrea mundial en Cannes, na Quincena de Realizadores, foi presentada en numerosos festivais.