La caja de Pandora


Sección: 
Sección Oficial
Día e hora: 
Venres, 1 Outubro, 2010 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castellano
Título Orixinal : 
Pandora’nin kutusu
País: 
Turquía-Francia- Alemaña-Bélxica
Ano: 
2008
Duración: 
112 minutos
Director/a: 
Yesim Ustaoglu
Guión: 
Selma Kaygusuz, Yesim Ustaoglu
Montaxe: 
Franck Nakache
Música: 
Jean-Pierre Mas
Fotografía: 
Jacques Besse
Reparto: 
Onur Ünsal (Murat)
Reparto: 
Derya Alabora (Nesrin)
Reparto: 
Tsilla Chelton (Nusret)
Reparto: 
Övül Avkiran (Güzin)
Reparto: 
Osman Sonant (Mehmet)
Outros datos de interés:

Cuncha de Ouro á mellor película no Festival de Cine de San Sebastián e a Cuncha de Prata á mellor actriz (Tsilla Chelton).

 

Sinopsis:

Tres irmáns de corenta e tantos anos reciben a noticia da desaparición da súa nai, xa maior, da súa casa nunha aldea de montaña da costa do Mar Negro. Os tres parten na súa busca, aparcando momentaneamente os seus problemas, pero unha vez xuntos, rapidamente se deixa ver a tensión existente entre eles, como se de repente se abrira a Caixa de Pandora. Nesrim, Güzin e Mehmet danse conta de que, en realidade, apenas se coñecen e vense obrigados a reflexionar sobre os seus propios defectos.

Dirixe Yesim Ustaoglu (Kars, Turquía, 1960) que, despois de traballar como arquitecta algúns anos, decidiu embarcarse no mundo do cine como profesional. Dirixiu algunhas curtas que foron galardonadas no seu país natal, Turquía, ata que chegou a súa primeira longametraxe, The Trace (1994). O recoñecemento internacional da cineasta veulle da man da súa segunda película Journey to the Sun (1999), que competiu na Sección Oficial do Festival de Cine de Berlín, ganando o premio á Mellor Película Europea. A súa terceira película Waiting for the Clouds (2004) foi galardoada co premio NHK ao Mellor Realizador Internacional do Festival de Cine de Sundance en 2003 e coa beca DADD (a fundación do German Academic Exchange Service), do programa Artists in Berlin, para escribir o seu novo guión.