Los últimos días de Pompeya


Sección: 
Lugo 10 - Cine Peplum
Día e hora: 
Luns, 27 Setembro, 2010 - 18:00
Lugar: 
Biblioteca Provincial
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Ultimi giorni di Pompei
País: 
España - Italia - Alemaña
Ano: 
1960
Duración: 
100 minutos
Director/a: 
Mario Bonnard
Guión: 
Sergio de Concini, Ennio Corbucci, Duccio Emmanuele, Luigi Leone, Sergio Tessari
Música: 
Angelo F. Lavagnino
Fotografía: 
Enzo Ballesteros, Antonio I. Barboni
Reparto: 
Steve Reeves
Reparto: 
Cristina Kaufman
Reparto: 
Fernando Rey
Reparto: 
Ángel Aranda
Reparto: 
Anne Marie Baumann
Reparto: 
Guillermo Marín
Reparto: 
Bárbara Carroll
Reparto: 
Mario Morales
Sinopsis:

Empezada por Mario Bonnard e retomada polo grandísimo Sergio Leone, é unha das mellores películas do xénero e acabou de confirmar ao famosísimo Steve Reeves (Hércules) como unha das iconas do Peplum.

Glauco, un centurión romano, ao regresar á súa casa en Pompeia, atópaa incendiada e saqueada. Un escravo comunícalle que un grupo de cristiáns matou ao seu pai, á vez que levou todas as cousas dalgún valor. Glauco acode ao edil Ascanio en demanda de xustiza. Alí atopa á filla do edil, chamada Elena. Esta ten unha escrava cristiá cega, chamada Nidia, da que está namorado Antonino, un rateiro dos suburbios de Pompeia, e ao que Glauco liberou de ser arrestado. Por un roubo que Antonino efectúa, dáse conta de quen foi o asasino do pai de Glauco e, ao comunicarllo ao seu amigo, Marco, este é  asasinado por Arbase, gran sacerdote de Isis, autor de todos os roubos e asasinatos cometidos. Arbace, ante o temor de ser descuberto, denuncia a Glauco e a Elena como cristiáns, polo que son sentenciados a morrer no circo romano. Cando parece que se vai cumprir a sentencia, o Vesubio entra en erupción, o que dá lugar a que escapen todos os sentenciados a morte. Aínda que moitos deles perecen nas rúas de Pompeya, inundadas de lava, Glauco e Elena sálvanse ao chegar ao mar.