Los niños de Timpelbach


Sección: 
Ciclo Infantil
Día e hora: 
Martes, 28 Setembro, 2010 - 20:00
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
Idioma: 
Castelán
Título Orixinal : 
Les enfants de Timpelbach
País: 
Francia - Luxemburgo
Ano: 
2009
Duración: 
95 minutos
Director/a: 
Nicolas Bary
Guión: 
Nicolas Bary
Montaxe: 
Veronique Lange
Música: 
Fréderic Talgorn
Fotografía: 
Axel Cosnefroy
Reparto: 
Raphaël Katz
Reparto: 
Adèle Exarchopoulos
Reparto: 
Léo Legrand
Reparto: 
Gérard Depardieu
Reparto: 
Carole Bouquet
Outros datos de interés:

Conseguiu o premio da sección Enfants Terribles do Festival de Cine de Xixón 2009.

Sinopsis:

No pobo de Timpelbach, os nenos non fan máis ca trasnadas e resístense a calquera clase de autoridade. Ao borde dun ataque de nervios, os pais deciden marchar do pobo, pensando que vai ser só durante un día. Un pobo sen pais! Non é unha mala noticia para todo o mundo. Dúas bandas de nenos sos enfróntanse polo control do lugar.

Nicolás Bary, guionista e director de Los niños de Timpelbach, descubriu o libro con 9 anos e a historia nunca o abandona. Fan de películas de xénero e animación, fai primeiro unha curtametraxe baseada en Los niños de Timpelbach chamado Before. Despois conseguirá que un produtor lle axude a conseguir o seu soño: comprar os dereitos do libro para levalo á gran pantalla. Aínda que Nicolás di “No creo en las adaptaciones literales porque un buen libro sobrepasará siempre a una buena película”, tamén sabía que podía dar á película un ambiente de universo de conto de fadas pero ancorado na  realidade. Ao estar tan involucrado no proxecto, Nicolás participou activamente no casting para escoller aos mozos protagonistas que levan o peso da película e o resultado é que son “tal como los había imaginado”. Para os decorados Nicolás “tenía en mente unos universos muy estilizados como los de Tim Burton o Guillermo del Toro, unos decorados que pudieran integrarse en una atmósfera de dibujos animados”. Tardaron en atopar o pobo perfecto para rodar a película, pero cando o descubriron fíxose posible que máis de dous terzos se rodaran en exterio- res. A plástica, a fotografía e a maxia que envolven esta película, coidada ata o máis mínimo detalle, sobresaen da pantalla.