Presentouse no Festival de Cine Europeo de Sevilla.
Alfredito ten cincuenta e seis anos. É un homosexual nacido en pleno franquismo, cando os homosexuais eran “os mariquitas” para todo o mundo. Naceu nun deses pobos da Andalucía Occidental e no seo dunha familia de clase media. Amaba á súa avoa e adoraba á súa nai que sempre o comprendeu e apoiou. Alfredito é vestidor da virxe e como todo homosexual durante o franquismo, sofre internamente a soidade e o rexeitamento da gran maioría social do pobo.
Un día, mentres prepara á súa virxe, Alfredito decide confesarse e contarlle a ela toda a súa vida. A través do seu relato, vivimos a segunda metade do século XX nunha España que pode ben simbolizar calquera sociedade da época respecto á experiencias e vivencias dos homosexuais.
Dirixe Pilar Távora (Sevilla) tras Nana de espinas (1984) e Yerma (1999). Desde pequena estivo en contacto co mundo da arte; primeiro co mundo taurino a través da súa familia e máis tarde co mundo do cante flamenco e do teatro. Ingresou na Facultade de Psicoloxía de Sevilla, pero en 1980 abandonouna para dedicarse ao cine. Foi unha das primeiras profesoras da Escola Andaluza de Cinematografía.