Matías é un xuíz de liña tan honrado que se fai merecedor dun linchamento por pitar un penalti nun partido, facendo que o equipo español sexa eliminado do Mundial de Fútbol. A única posibilidade de escape que ten Matías é San Amancio, un pequeno pobo da costa galega cuxos habitantes se dedican en exclusiva ao contrabando do "Licor de Santo".