Presentouse no Festival de Cine de Venecia.
Todos coñecemos a historia na que unha princesa atopa o amor verdadeiro ao bicar un sapo, que se transforma por arte de maxia no seu aposto príncipe. Nesta historia, a rapaza bica o sapo, pero o resultado é algo diferente. É unha das moitas sorpresas que encerra este relato, unha mestura de humor excéntrico, emoción, melodías e sentimentos. Ao final, o amor sae ganando entre un príncipe e unha princesa, entre dous sapos ou quizais entre un vagalume e o obxecto do seu amor. Pero o que está claro é que as cousas máis importantes son as que non se ven.
Os realizadores son Ron Clements (Sioux City, Iowa, 1953) e John Musker (Chicago, Illinois, 1953), codirectores de Basil el ratón superdetective (1986), La Sirenita (1989), Aladdin (1992), Hércules (1997) e El planeta del tesoro (2002). É a longametraxe de animación número 49 de Disney, unha tradición que se iniciou hai case 75 anos coa estrea de Blancanieves y los siete enanitos, e marca o regreso dos Estudios Walt Disney Animation á animación feita a man, ao clásico conto de fadas
e tamén ao musical.