Decorados: Emilio Ferrer.
Segunda colaboración no terreo da comedia entre Rafael Gil e o actor Antonio Casal, tras o debut do director en El hombre que se quiso matar (1942). Ambos cerrarían a súa triloxía cómica consecutiva con Huella de luz.
Nesta ocasión mestúrase o cómico co cine policial. Todo comeza cando a axencia de viaxes “Panorama” ten graves problemas financeiros. Así que, un dos seus empregados ten a orixinal idea de organizar unhas viaxes sorpresa nas que os viaxeiros non saiban o destino. O primeiro grupo que se forma vai parar sen querer a unha misteriosa mansión onde comezan a suceder feitos estraños e un dos viaxeiros é asasinado. A película obtivo o oitavo premio do Sindicato Nacional do Espectáculo.