XOEL Y LOS X-MEN


Sección: 
Sección de Curtametraxes
Día e hora: 
Xoves, 22 Setembro, 2011 - 22:45
Lugar: 
Auditorio Gustavo Freire
País: 
España
Ano: 
2010
Duración: 
19 minutos
Director/a: 
Eusebio Pastrana
Producción: 
María Brea - Director de producción: Jesús Prieto
Música: 
Juan Sebastián Alarcón y Sol Pindado
Fotografía: 
Jesús Prieto
Reparto: 
David Bendito
Reparto: 
Farruco Castromán
Reparto: 
Rubén de la Marina
Reparto: 
Juan Carlos Vellido
Outros datos de interés:

Premio Maestro Mateo de la Academia Gallega del Audiovisual al Mejor Cortometraje de Ficción del año.

Festival de Cannes donde forma parte de la Selección Oficial del Short Film Corner 2010.

Sección Oficial del Festival de Cans.

Sección Oficial del Festival de Cine de Huesca

Sinopsis:

Os X-Men son un grupo formado por Xoel, Xoán, Xosé, Unax e Xurxo, cinco amigos de toda a vida. Xa non poderán volver reunirse porque Xoel acaba de suicidarse. Na súa carta de despedida, Xoel convoca ao resto dos X-men para celebrar unha última festa na que terán que ocuparse das súas cinzas e brindar polos vellos tempos. A reunión depáralles algunhas sorpresas que lles farán descubrir que non todo o mundo pode ser un superheroe.

Xoel y los X-Men é o resultado dunha aventura cinematográfica considerada de maneira pouco convencional. Buscabamos rodar unha película na que a sensación do espectador fora a de estar contemplando algo verdadeiramente real, algo que aparecera ante os seus ollos construído coa menor manipulación posible. 

Apetecíame construír Xoel y los XMen desde a improvisación e decidín que non tivera nunca guión. Iso si, eramos conscientes de que para buscar esa aparencia de non manipulación había que manipular. O proceso comezou por elixir aos catro actores que interpretarían aos X-Men.

Despois desenvolveuse un argumento no que se daba definición a eses catro personaxes, prestando especial atención ao seu pasado individual e colectivo, expoñíase a situación na que estes personaxes se verían envoltos e facíase unha previsión de cara a onde podía discorrer o encontro dos personaxes. Dedicamos un día aos ensaios. Neles reforzouse individualmente a definición de cada un dos personaxes traballando basicamente as fontes dos seus conflitos internos, as claves dos conflitos que manteñen con cada un dos outros XMen e a súa relación pasada e recente con Xoel. Estas sesións próximas á psicanálise do personaxe completáronse con improvisacións de situacións acontecidas no pasado daqueles personaxes, outros encontros doutras épocas. Buscamos fixar esas emocións e vivencias compartidas que forxan unha amizade de anos. Despois fíxose unha reflexión conxunta e unha recapitulación da experiencia ata ese momento. Finalmente fixouse a nivel individual qué pezas de información manexa cada un dos personaxes. De modo que, como na vida, ao día seguinte fixamos elementos que debían centrar cada unha das tres partes en que se descompuxo a situación global e déuselle completa liberdade aos actores para construír e reaccionar ao que ía ocorrendo e ás sorpresas que tanto actores como personaxes ían descubrindo.

A experiencia foi tremendamente rica e o resultado do traballo cremos que tremendamente impactante. Xoel y los X-Men preséntase ante os espectadores como un anaco de realidade capturado especialmente para eles. Representado ante os seus ollos como se eles estivesen tamén alí compartindo o espazo cos personaxes, facéndote sentir que aquilo che pode pasar a ti.